A TVG propón un debate a cinco entre os cinco candidatos á Xunta

As forzas invitadas son o PP, PSdeG, BNG, En Marea e Ciudadanos, "que xa obtiveron representación nas anteriores eleccións autonómicas"
Debate entre Pachi Vázquez y Núñez Feijóo en 2012
photo_camera Debate entre Pachi Vázquez y Núñez Feijóo en 2012

A CRTVG trasladou este xoves aos candidatos a presidir a Xunta das cinco forzas actualmente máis representativas de Galicia a proposta de participar nun debate electoral conxunto, a emitir en directo e de forma simultánea pola Televisión de Galicia e a Radio Galega, o luns 12 de setembro en horario de máxima audiencia (21.30 horas).


O debate tería lugar nos estudos da TVG en San Marcos (Santiago) e os participantes faríano con igualdade de tempos, informou a CRTVG.

Ao debate foron invitados os candidatos de PP, PSdeG-PSOE, BNG, En Marea e Ciudadanos, "por tratarse de organizacións que xa obtiveron representación nas anteriores eleccións autonómicas e volven presentarse ou que, a criterio da Xunta Electoral, teñan carácter de 'forzas políticas significativas' porque lograron unha representación destacada en anteriores comicios".

A CRTVG invita no mesmo escrito aos representantes destas formacións a unha reunión de traballo previa para negociar diversos aspectos do debate. 

Comentarios