A CIG di que a Xunta 'trampea'' as cifras de efectivos contra os incendios forestais

A CIG denuncia que na Xunta "se trampean" as cifras de efectivos, "incluíndo ao persoal contratado con métodos electoralistas" para a loita contra os incendios forestais.

O sindicato pon tamén como exemplo nun comunicado que se facilita o número de brigadas do servizo de prevención e loita contra os incendios da Xunta (SPDCIF), "pero non dicindo que os integrantes das mesmas deberían ser cinco e, en cambio, teñen de media dúas ou tres integrantes" e "non se cobren as prazas".

Tamén denuncia que se pecharon torres de vixilancia fixa e mantense o SPDCIF con camións "antigos ou obsoletos, que caen a cachos", pero se compran novos camións autobombas para os municipios.

En opinión da CIG, "para rematar esta privatización encuberta", as brigadas helitransportadas da Xunta (O Campiño, Marroxo e Vilamaior) están sen helicóptero desde o día 15 de maio, mentres unha empresa privada está a desenvolver ese traballo "grazas a un contrato millonario co erario público".

Comentarios