A Bonoloto deixa 1,5 millóns na Coruña

O único acertante de primeira categoría do sorteo validou o boleto gañador nunha administración do barrio de Monelos

A fortuna volveu sorrir á provincia da Coruña. Esta vez tocoulle a quenda á cidade herculina, onde o sorteo da Bonoloto deste martes deixou máis dun millón e medio de euros. En concreto, 1.541.844,82 euros á combinación gañadora: 17, 21, 38, 12, 29, 9, complementario 2 e reintegro 7.

O único acertante de 1ª categoría do sorteo, celebrado en Madrid, validou o boleto gañador nunha administración do barrio de Monelos.

Comentarios