A alcaldesa confirma a presenza de osos no Courel

A alcaldesa de Folgoso do Courel, Dolores Castro, confirmou este mércores a presenza de osos e lobos neste municipio da comarca lucense da Montaña, tras comprobar as imaxes gravadas por varios veciños.

Sinalou que os osos destruíron colmeas na parroquia de Seceda, tal e como se ve nas gravacións, nas que se observa "un oso novo comendo mel nas colmeas".

As gravacións, ao parecer as primeiras dun oso pardo en territorio galego, foron conseguidas polo sistema de videotrampeo, un método de filmación no que colaborou o biólogo Pedro Alonso.

A rexedora aconsella aos veciños "denunciar ante os gardas forestais" e solicitar á Xunta de Galicia axudas económicas para afrontar as perdas.

Por outra banda, aclarou que os habitantes do municipio non teñen medo porque "son animais que houbo no seu tempo e que agora ultimamente están a regresar".


No seguinte vídeo, de Galicia Confidencial, pode verse como un oso ataca unha colmea na zona.

Comentarios