Juan Carlos Quer: "Hoxe senta no banco o mal"

"Ningunha condena vai devolver a vida á miña filla. Ningunha condena vai reparar o dano á familia", indicou o pai de Diana

"Hoxe senta no banco o mal". Con estas palabras expresouse Juan Carlos Quer, pai de Diana Quer, antes do inicio do xuízo polo crime da súa filla, nunhas declaracións aos xornalistas onde volveu a pedir que se manteña a prisión permanente revisable.

Quer chegou á sede da Audiencia Provincial da Coruña en Santiago de Compostela para asistir en calidade de testemuña ao xuízo contra José Enrique Abuín Gey, alias o Chicle, acusado da morte da súa filla en 2016 e que chegou ao tribunal pasadas as 9 da mañá nun furgón da Garda Civil

"Ningunha condena vai devolver a vida á miña filla. Ningunha condena vai a reparar o dano á familia. Estamos condenados a unha pena perpetua", dixo Juan Carlos Quer aos xornalistas antes de afirmar que agora só queda loitar polo "legado de Diana".

Juan Carlos Quer agradeceu "tanto agarimo e solidariedade recibido polos cidadáns de ben, que somos a maioría" e, especialmente, do pobo galego

Un legado que, como reiterou en numerosas ocasións, é "manter" a prisión permanente revisable, unha lei "necesaria" que "salvará vidas fronte a violadores e asasinos reincidentes".

Quer confía en que a clase política "saiba entender que sete de cada 10 cidadáns, á marxe de proclamas políticas, apoian esta pena".

Tras recordar que a súa filla perdeu a vida "do modo máis cruel", Juan Carlos Quer agradeceu "tanto agarimo, apoio e solidariedade recibido polos cidadáns de ben, que somos a maioría" e, especialmente, do pobo galego, que sufriu a morte da moza madrileña coma se "da súa propia filla se tratara", dixo.

"Hoxe senta no banco o mal", insistiu o pai da vítima, quen quixo agradecer o traballo das forzas de seguridade do Estado e, sobre todo, dos axentes da Garda Civil, para quen pediu unha condecoración.

O corpo de Diana está hoxe "nun sitio digno grazas ao seu traballo", salientou.

Comentarios