Juan Carlos I participará nunha regata na ría de Vigo esta fin de semana

O rei emérito competirá no Trofeo Príncipe de Asturias a bordo do 'Gallant' xunto ao seu compañeiro Pedro Campos
El rey emérito, a bordo del 'Gallant', junto a Pedro Campos
photo_camera El rey emérito, a bordo del 'Gallant', junto a Pedro Campos

O monarca emérito regateará esta fin de semana no marco da 31 edición do Trofeo Príncipe de Asturias, que se celebrará na ría de Vigo e a bahía de Baiona os próximos 2, 3 e 4 de setembro e no que competirán barcos de distintas divisións. Segundo trasladaron os organizadores do evento este martes a través dun comunicado, o Rei irá acompañado do seu amigo e "habitual compañeiro de navegación", o galego Pedro Campos, quen exercerá de táctico a bordo da embarcación.

Así mesmo, sinalaron que o barco co que competirá será o Gallant, un veleiro de 1947 considerado polos afeccionados a este deporte como "unha auténtica xoia do mar" e que ten un palmarés no que destaca un Campionato do Mundo e un Campionato de Europa.

O programa das regatas consta de tres xornadas de probas e a primeira comezará este venres ás 15,55 horas. O monarca competirá na modalidade 6m que se producirá o sábado a partir das 12,25 horas.

OUTRAS ACTIVIDADES. Doutra banda, esta edición entregará premios ás deportistas olímpicas Támara Echegoyen e Berta Betanzos, por ser o mellor equipo de regatas feminino; ao tamén deportista olímpico Arturo Montes; ao Rats on Fire, como barco do ano; e ao canario Rayco Tabares, como mellor patrón.

Ademais, por segundo ano consecutivo, participará un equipo formado por persoas con discapacidade, segundo engadiron os organizadores. Serán un grupo de alumnos do Centro Juan María de Nigrán (Pontevedra) para persoas con discapacidade intelectual.

comentarios