José Tomé cre que Alcoa "pasou factura" e aposta por darlle máis tempo a Caballero

O presidente da Deputación cre que o "bombardeo contante" ao Goberno central pola xestión do coronavirus tamén xogou en contra do PSDEG
_MGL4162
photo_camera Gonzalo Caballero e José Tomei. AIDA SOENGAS

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, considerou que a pandemia do cononavirus e a situación da factoría de Alcoa en San Cibrao pasaron "factura" ao PSdeG pero trasladou o seu apoio ao candidato socialista, Gonzalo Caballero, ao que apoia darlle máis tempo á fronte do partido.

Así se pronunciou nunha entrevista radiofónica difundida pola propia institución provincial o tamén alcalde de Monforte, que sostivo que, aínda que o PSOE mellorou o seu resultado, este incremento de apoio foi "insuficiente".

Ademais, asegurou que a "conxugación" de varias "cousas" como o "bombardeo constante" contra a xestión da pandemia por parte do Goberno central e a "problemática de Alcoa" afectaron os resultados.

Con todo, subliñou o seu apoio ao secretario xeral do PSDEG e candidato á Xunta, Gonzalo Caballero, do que recordou que "leva moi pouco tempo á fronte do partido". "En poucas ocasións gáñanse as eleccións " primeira , manifestou.

"Ten un bo proxecto, aínda non era o seu momento, que estou seguro de que chegará. Tense que dar a coñecer un pouco", afirmou nunha intervención na que recordou que o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, encara xa o seu cuarto mandato e que a nacionalista Ana Pontón leva uns "15 anos" na Cámara galega.

Comentarios