José Fernández Lago, elixido novo deán da Catedral de Santiago

O deán estará no cargo os próximos catro anos
José Fernández Lago. CATEDRAL DE SANTIAGO
photo_camera José Fernández Lago. CATEDRAL DE SANTIAGO

José Fernández Lago foi designado novo deán da Catedral de Santiago, informaron este luns fontes da basílica compostelá. 

Nacido en Carril, en outubro de 1944, Fernández Lago substitúe neste cargo a Segundo Pérez. O nomeamento realízase por un período de catro anos, renovable por outro período consecutivo.

A elección de José Fernández Lago como novo deán levou a cabo, informa un comunicado, nunha sesión extraordinaria do Cabildo da Catedral de Santiago celebrada o pasado sábado 13 de febreiro.

Fernández Lago foi ordenado sacerdote o 23 de xullo de 1967. é licenciado en Teoloxía pola Pontificia Universidade Gregoriana (Roma), en 1969; licenciado en Sacra Escritura polo Pontificio Instituto Bíblico (Roma), en 1972, e sacou os Estudos de L'Ecole Biblique et Archaeologique Francaise, en 1973.

Ademais, con data de este luns, o arcebispo Julián Barrio nomeou Secretario Capitular a Elisardo Temperán Villaverde, Cóengo Prefecto de Cerimonias.

Comentarios