Jácome defende o control horario para que sexa "máis difícil escaquearse"

O alcalde de Ourense implantará un sistema para "reducir" o absentismo laboral dos funcionarios municipais 
Gonzalo Pérez Jácome. EP
photo_camera O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. BRAIS LORENZO (EFE)

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, confirmou este xoves, tras unha nova polémica cos traballadores municipais, a implantación dun sistema de control telemático sobre o cumprimento nos horarios dos funcionarios e que sexa "máis difícil escaquearse", dixo.

Esta afirmación prodúcese despois do balbordo suscitado este mércores cando o alcalde constatou con reloxo en man que ningún dos dez traballadores dun servizo municipal chegou ao seu posto laboral puntualmente e en lugar de entrar ás 08.00 horas, "ás 08.10 estaba o edificio ás escuras", comentou.

Preguntado sobre ese asunto, o controvertido rexedor indicou que o 3 maio entrará en servizos un novo sistema de control para que sexa "máis difícil escaquearse", tras opinar o actual, que funcionar de forma manual, "non é perfecto", aínda que permitiu "reducir" os casos de absentismo laboral. 

"Obviamente temos máis cosas que facer pero por suposto que imos controlar", apostilou Jácome, quen dixo dar orde de abrir expedientes aos funcionarios que cheguen tarde ao seu posto de traballo, sen descartar que estes poidan acabar na apertura dalgún de carácter "disciplinario". 

O rexedor ourensán fixo estas observacións nunha conferencia de prensa esta mañá sobre turismo termal e a nova normativa da Xunta. 

A este respecto, Jácome criticou o trato da Xunta cara a Ourense, "a Cincenta de Galicia" convencido de que este tipo de medidas non se tomarían nin "en Bath, nin en Baden-Beden, Budapest nin noutros puntos termais". 

Para o alcalde, o peor é "o golpe" que supón para unha cidade que, a falta de praia, ten ese "potencial" tras asegurar que un 80 por cento de oferta termal quedaría inutilizada. No que respecta ás áreas públicas.

Comentarios