Investigan un tiroteo en Muxía no que unha persoa resultou ferida

A Garda Civil investiga un tiroteo onte á noite na localidade coruñesa de Muxía no unha persoa resultou ferida, informaron fontes dese corpo policial.

Fontes da Garda Civil precisaron que o ferido é unha persoa residente en Muxía de 52 anos, que foi trasladado ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee, onde permanece ingresado.

Os axentes investigan as causas dese tiroteo e buscan desde entón aos autores, aínda que de momento non detiveron a ninguén por sospeitas de estar vinculado ao asunto.

O tiroteo produciuse na parroquia de Morquintián e, segundo algúns veciños, podería ter algunha relación co tráfico de drogas.

A finais de xaneiro de 2012 tamén en Muxía un home recibiu tres disparos cando saía dun taller de autolavado de coches da súa propiedade nesa localidade coruñesa en circunstancias que aínda investigan as autoridades.

Comentarios