Investigan a morte dun home en Vilagarcía que apareceu con feridas de arma branca

O home, A.J.F.F. de 43 anos, faleceu na madrugada entre o sábado e o domingo

A Policía Nacional investiga a morte dun veciño de Vilagarcía de Arousa que foi achado cunha coitelada no costado na súa vivenda do barrio da Torre na madrugada do domingo.

O falecido, A.J.F.F., ao que alcumaban Pistón, de 43 anos de idade, era un vello coñecido das forzas de seguridade, contaba con numerosos antecedentes e entrara en prisión en varias ocasións, informaron fontes policiais.

Foi o seu irmán quen deu a voz de alarma ao atopar o cadáver do home, xunto ao cal estaba un coitelo co que presuntamente foi agredido.

Os investigadores tratan de determinar se o ocorrido se trata dun homicidio ou dunha ferida feita en por si, polo que todas as hipóteses permanecen abertas á espera de analizar todas as probas e restos recolleitos na vivenda.

O corpo foi trasladado ao Instituto de Medicina Legal de Pontevedra onde se lle realizará a autopsia.