Investigan as ameazas a un concelleiro de Cee

A investigación das ameazas a Juan Ramón Hermida, de Cidadáns, está aberta desde finais do mes de xaneiro
Concello de Cee. GOOGLE MAPS
photo_camera Concello de Cee. GOOGLE MAPS

A Policía Xudicial da Garda Civil da Coruña, no distrito de Corcubión, investigan as ameazas que recibiu un concelleiro de Cee, Juan Ramón Hermida, de Cidadáns.

Fontes coñecedoras da investigación confirmaron a Europa Press a investigación aberta desde hai varias semanas, a finais do mes de xaneiro. Os feitos están xudicializados.

Polo momento, non hai detidos e a causa, que se segue por varios feitos relacionados con ameazas mantense baixo secreto, segundo confirmaron as mesmas fontes.