Investigan o matrimonio Louzán polo aluguer de tres locais comerciais en Vigo

O presidente da Deputación e do PP de Pontevedra, Rafael Louzán, e a súa esposa declararon hoxe ante o fiscal de delitos económicos, Augusto Santaló, por mor dunha denuncia anónima polo aluguer de tres locais comerciais en Vigo que son da súa propiedade, segundo confirmou o propio interesado.

Louzán detallou, en declaracións aos medios, que os citados locais, que forman parte dun mesmo negocio, tenos alugados ao deputado provincial do PP Severino Reguera e que o obxecto da investigación é pescudar se cobraba a prezos por encima do mercado.

Fontes da Fiscalía consultadas precisaron que a declaración de hoxe forma parte da investigación aberta pola denuncia dun particular e que non haberá unha decisión sobre as dilixencias ata dentro de dúas semanas, aproximadamente.

Na súa comparecencia ante os medios, Louzán explicou que se trata de tres locais comerciais en Vigo da súa propiedade que ten alugados Reguera, concelleira do PP en Pazos de Borbén e deputada provincial, adquiridos previamente a unha cooperativa de vivendas e que xunto a outras dúas leiras forman un único local comercial destinado a unha panadería, negocio no que Reguera ten comercios tamén en Cambados, Vilagarcía ou Sanxenxo.

Segundo o presidente provincial o que investiga o fiscal de delitos económicos, Augusto Santaló é unha "neglixencia" por un suposto prezo por encima do mercado que se abonaba polos locais.

Louzán asegurou que os prezos os fixou unha xestoría "para que non houbese dúbidas".

Comentarios