Investigado un veciño de Arbo que tiña 1.130 euros en billetes falsos

As pescudas iniciáronse a finais de ano
Los billetes falso. GUARDIA CIVIL
photo_camera Os billetes falsos. GUARDIA CIVIL

A Garda Civil investiga penalmente a un veciño de Arbo pola posesión de billetes falsos de 20 e 50 euros, de procedencia descoñecida, que sumaban a cantidade de 1.130 euros. 

A investigación, que continúa aberta para coñecer a orixe do diñeiro, iniciouse a finais do ano pasado despois de que a Policía Local de Nigrán identificase ao ocupante dun turismo que lles resultaba sospeitoso e atopasen no seu interior 13 billetes falsos de 50 euros e 24 de 20. 

Unha vez constatada a falsidade dos billetes, a Garda Civil de Baiona-Nigrán determinou a posibilidade de que o diñeiro estivese destinado ao pago do importe dun remolque dun vehículo que pretendía comprar o detido. 

Finalmente, o home de 30 anos foi notificado como presunto autor dun delito de tenencia de moeda falsa para a súa distribución ou expedición polo que deberá comparecer no xulgado de Instrución de garda de Vigo cando sexa requirido. 

Comentarios