Inundacións en varios puntos de Galicia polas fortes choivas

As maiores trombas de auga caeron en Ourense aínda que as tormentas tamén causaron complicacións no sur da provincia de Lugo e o interior de Pontevedra

Una calle inundada en Ourense. BRAIS LORENZO (EFE)
photo_camera Rúa alagada no centro de Ourense. YOUTUBE (LAREGIÓN)

As intensas choivas rexistradas na tarde deste venres en Ourense causaron inundacións en varias rúas do centro histórico da cidade.

Segundo informa Radio Galega, en apenas 20 minutos rexistráronse 18 litros de auga e saraiba por metro cadrado.

A tromba de auga alagou rúas e causou dificultades para circular pola cidade. Os bombeiros tiveron que atender decenas de incidencias.

As choivas tamén afectaron o sur da provincia de Lugo e o interior de Pontevedra. Así, foron especialmente intensas no Saviñao, Chantada e Lalín, onde tamén se rexistraron inundacións.

As catro provincias galegas atópanse na tarde deste venres en alerta amarela por tormentas. Segundo informou Meteogalicia, uns 2.800 raios caeron na comunidade, a maioría deles entre as 18.00 e as horas.

Comentarios