Intervidas na peaxe de Vilaboa máis de 1.000 paquetes de tabaco de contrabando

O vehículo conducíao un veciño de Moaña
El tabaco intervenido en el peaje de Vilaboa por la Guardia Civil. DP
photo_camera El tabaco intervenido en el peaje de Vilaboa por la Guardia Civil. DP

A Garda Civil incautouse dunha partida de algo máis de un milleiro de paquetes de tabaco de contrabando nun control de vehículos á altura da peaxe de Vilaboa.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos sucederon o pasado fin de semana na peaxe de Vilaboa, no transcurso dun control selectivo dos vehículos que circulaban pola autoestrada AP-9, no que participaron efectivos da Patrulla Fiscal e Fronteiras de Marín. 

Nun dos vehículos inspeccionados, conducido por un veciño de Moaña, a Garda Civil atopou unha partida de tabaco que circulaba ilegalmente sen as preceptivas precintas fiscais. 

Ao inspeccionar o vehículo procedeuse á aprehensión dun total de 1.180 paquetes de tabaco de diferentes marcas, que carecían deste requisito fiscal, valoradas no mercado en algo máis de 5.700 euros. 

O tabaco intervido depositouse no ao almacén provincial de Tabacalera S.A., e o condutor e propietario do vehículo foi denunciado por vía administrativa ante a Administración de Aduanas e Impostos Especiais de Pontevedra, como presunto autor dunha infracción de contrabando. 

Comentarios