Interceptan un condutor que pegou no seu vehículo o adhesivo da ITV da súa noiva

A Policía Local de Ferrol denunciou tamén ao dono dun bar do barrio da Magdalena por vender bebidas alcohólicas a menores 
Un coche de Policía en Ferrol. AEP
photo_camera Un coche de Policía en Ferrol. AEP

A Policía Local de Ferrol detectou o pasado venres, día 8 de xaneiro, un coche aparcado cuxo condutor pegou o adhesivo da Inspección Técnica de Vehículos (ITV) da súa noiva. Segundo informa o Concello nunha nota de prensa, ocorreu sobre as 19.35 horas da tarde, cando os axentes observaron que un turismo estacionado na rúa Igrexa mostraba esta adhesivo con signos de ser manipulado. 

Tras comprobar os datos do vehículo a través da sala de operacións, observaron que carecía da ITV en vigor, xa que había caducado o 19 de novembro de 2019. Cando localizaron ao seu dono, este recoñeceu que o coche non superara a inspección e que, xa que logo, collera o adhesivo do vehículo da súa noiva, quen tamén admitiu os feitos.

VENDA DE ALCOL. Por outra banda, tamén o venres, a Policía Local denunciou ao propietario dun establecemento do barrio da Magdalena por vender bebidas alcohólicas a unha persoa menor de idade. Ocorreu pasadas as 17.00 da tarde, cando unha testemuña advertiu aos axentes de que nun bar do centro había menores consumindo. Unha vez alí, a Policía identificou a dúas persoas bebendo cervexa na terraza, das que unha tiña menos de 18 anos. 

Por iso, os axentes denunciaron ao propietario do bar. Ademais, ao ser preguntado pola licenza do local e polo cartel da normativa de prohibición de venda de alcol a menores, o dono manifestou que non o tiña no establecemento, segundo relata o Concello. 

Comentarios