Intentan frear o desafiuzamento dunha muller con discapacidade en Lugo

A plataforma Stop Desafiuzamentos de Lugo presentou un escrito ante o director da Axencia Tributaria para solicitar a parálise do desaloxo dunha muller que padece unha discapacidade física e psicolóxica do 65 % e que cobra unha pensión de 320 euros.

O portavoz da plataforma, Pancho Torrente, explica que Facenda reclamou a esta muller 6.200 euros por non liquidar o imposto de sucesión tras o falecemento da súa parella en 2012.

"Está máis que demostrado que non hai ningún motivo legal para imporlle este imposto. Esta muller non herda nada cun valor positivo, herda a metade da vivenda que ten máis débeda do que vale", asegurou Torrente.

Polo tanto, dixo entender que a reclamación de Hacienda responde a un "erro" e pediu que se emende de oficio, "que se anule a liquidación e que se suspenda calquera procedemento de embargo".

"Esta incerteza o único que fai é crear angustia nesta muller, unha angustia inxustificada por algo que é ilegal e que non se vai a cobrar na vida", advertiu.

Comentarios