Instagram elimina fotografías dun cocido galego por "violencia gráfica"

Era a imaxe do "primeiro cocido da tempada" na casa familiar dun vigués ► A rede social esgrimiu que infrinxía as normas comunitarias

A rede social Instagram censurou unha publicación con fotografías dun cocido galego por "infrinxir as normas comunitarias" que inclúen "violencia gráfica, linguaxe que incita ao acoso, violencia e bullying ou espidos e actividade sexual", segundo relata a Efe o vigués que publicou a imaxe, Richard Barreira.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Madre mía como está el patio, aunque parezca mentira, los censores de @instagram , me eliminaron la publicación de hoy por infringir sus normas comunitarias que incluyen (Adjunto pantallazo comunicado): -Violencia gráfica -Lenguaje que incita al acoso, violencia y bullying -Desnudos y actividad sexual... QUE SON FOTOS DE UN COCIDO!!! Entonces, o la unidad censora de @instagram está gobernada por un o una vegana que nada más ver las fotos del cocido de mi madre tuvo unas ganas enormes de masturbarse al ver tanta carne (Cosa prohibida para esos sectarios) o es un problema mental o simplemente es que son GILIPOLLAS y ya...falta circo para tanto payaso, esperemos que la @culturagalegaxunta @turismodegalicia @galicia_mola @galiciacalidade tomen medidas contra este atropello a nuestra cultura gastronómica! #censura #instagramcensura #instagramcensurafotosdecocido #cocidogallego #carnedeporco #terneragalega

Una publicación compartida de Richard Barreira Baños (@richardbarreira) el

Garavanzos, verduras, carne, chourizos e viño, tal e como estaban na mesa ao ser servidos, eran os alimentos que se podían ver nas fotos do "primeiro cocido da tempada" en casa da nai do usuario, unha publicación que este comparte anualmente sen ter antes un problema similar.

"Paréceme incrible. Non haberá restaurantes, cociñeiras e cociñeiros en Instagram que poñen os seus manxares. Podes ver tropecientas publicacións de comida, de hamburguesas", denuncia Barreira. O afectado compartiu a publicación este domingo ao mediodía e pola tarde xa fora eliminada e presentábanselle os motivos anteriormente citados.

Non sabe se denunciou a publicación un particular, pois a rede social non lle trasladou máis explicacións, pero de ser así, parécelle "surrealista", xa que "por moito que unha persoa denuncie ten que haber alguén que diga que o usuario ten razón". "A ver se alguén aquí en Galicia defende o seu", manifesta Richard Barreira, quen compartiu o sucedido en contas de redes sociais. 
 

Comentarios