A inmunización do grupo de 40 a 49 iniciarase a semana que vén en Galicia

Un sanitario prepara dosis de una de las vacunas contra el coronavirus. EP
photo_camera Un sanitario prepara doses dunha das vacinas contra o coronavirus. EP

A inmunización do grupo de idade de 40 a 49 anos comezará a próxima semana en Galicia nalgunhas áreas sanitarias, segundo asegurou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, en declaracións á TVG. 

A vacinación ás persoas desta franxa de idade farase nas áreas onde a dos de 50-59 vaia máis adiantada. O groso da inmunización dos de 40-49 anos farase a partir do 7 de xuño

O proceso de inmunización fronte ao covid-19 avanza en Galicia e xa 618.119 galegos contan coa pauta vacunal completa —máis do 26% da poboación—, mentres que máis do 50 por cento da poboación susceptible de vacinarse ten polo menos unha picada. 

Aínda que a recomendación é que as persoas que pasaron a enfermidade e teñan menos de 60 anos só reciban unha dose e o fagan pasados seis meses da infección, a algúns cítaselles antes. Neses casos, infórmaselles de que poden esperar a que pasen os seis meses pero que se o desexan vacínaselles nese momento, co resto do seu grupo de idade. A recomendación de esperar é para potenciar o desenvolvemento de anticorpos.

Comentarios