Ingresa nun psiquiátrico o home que se paseou con Cee armado cun kalashnikov

Quedou en liberdade con cargos tras pasar a disposición xudicial
photo_camera O home armado polas rúas de Cee. EP

O home detido este venres tras pasearse armado pola localidade coruñesa de Cee quedou, tras o seu pase a disposición xudicial, en liberdade con cargos e foi ingresado no Hospital Psiquiátrico de Oza. 

Diso informou a Garda Civil, quen comunicou na pasada xornada a detención do home. Os feitos remóntanse ás 7.00 horas deste venres, cando se recibiron varias chamadas no Centro Complexo Operativo (COC) da Comandancia que alertaban da presenza no centro urbano da localidade dun individuo armado cun kalashnikov.

Tras iso, os operadores do COC alertaron ás patrullas da zona para a localización e detención desta persoa, que, no momento da detención, "presentaba síntomas evidentes de atopase baixo a influencia de bebidas alcohólicas e sustancias estupefacientes", destacaron as mesmas fontes, e non portaba ningún tipo de arma. 

Logo da detención as patrullas actuantes realizaron un dispositivo de rastrexo e localizaron nas proximidades unha arma longa e unha arma curta, as cales foron recollidas para a súa análise pericial.