Industria 'soterra' de forma definitiva o proxecto da mina a ceo aberto de Corcoesto

A Consellería de Economía e Industria confirmou hoxe que comunicou á multinacional canadense Edgewater o rexeitamento definitivo ao proxecto presentado para a explotación mineira ao descuberto en Corcoesto, na provincia da Coruña.

A plataforma asociativa de Defensa de Corcoesto e Bergantiños indicou previamente nun comunicado que o director xeral de Enerxía da Xunta, Ángel Bernardo Tahoces, emitiu o pasado martes unha resolución de denegación definitiva do proxecto presentado para explotar esa mina

Fontes da Consellería de Economía e Industria precisaron a Efe que houbo unha comunicación á empresa indicando que "non cumpre os requisitos legais esixidos".

Engadiron que isto supón o "peche do proceso" de tramitación do proxecto presentado por Edgewater ante ese departamento da Xunta.

O plan presentado pola multinacional canadense suscitou críticas de diversos sectores da zona e de asociacións ecoloxistas, que denunciaron potenciais riscos para a saúde e o medio ambiente, especialmente pola suposta intención de utilizar inxentes concentracións de produtos químicos, tales como o arsénico.

Comentarios