Indemnizan con 8.500 euros un home ao que deixaron gasas nunha operación

Na súa demanda, o enfermo reclamaba unha compensación de 250.000 euros
Interior de un quirófano en Lugo. XESÚS PONTE/AEP
photo_camera Interior dun quirófano. XESÚS PONTE

Un paciente ao que esqueceron unhas gasas durante a intervención dunha hernia discal no hospital Virxe da Arrixaca de Murcia, que non lle foron extraídas ata case oito anos despois na Coruña, ten dereito a recibir unha indemnización de 8.500 euros. Esa é a conclusión á que se chega no informe que o Consello Xurídico da Rexión de Murcia (CJRM), no que se indica que "é evidente que se tratou dun erro médico".

O ditame deste órgano consultivo, ao que tivo acceso Efe, engade 3.000 euros por danos morais aos 5.500 que a administración recoñeceu ao prexudicado, ao considerar que ten dereito a ser indemnizado non só polos días de hospitalización e os días impeditivos derivados da operación á que foi sometido para extraerlle o material cirúrxico esquecido.

Asegura o CJRM que eses danos morais corresponden á zozobra que padeceu cando, ao ser descuberta a existencia das gasas no seu corpo, soubo que debía pasar de novo polo quirófano para extraerlle o granuloma que se lle xerou. Indica o informe que o paciente foi sometido á operación de hernia discal no hospital de Murcia en setembro de 2007 e que a extracción das gasas levou a cabo nun centro hospitalario coruñés en maio de 2015.

Na súa demanda, o enfermo reclamou unha indemnización de 250.000 euros, segundo recolle tamén o informe deste órgano consultivo. 

Comentarios