Incendio nunha casa abandonada no casco antigo de Ferrol

Efectivos do parque de bombeiros de Ferrol interveñen desde as 9:00 horas desta mañá no incendio dunha vivenda abandonada da rúa San Antonio, no barrio portuario de Ferrol Vello.

Fontes do parque ferrolán indicaron a Efe que recibiron o aviso ás 8:55 horas, polo que desprazaron ao porto a todos os efectivos dispoñibles, salvo o que permanece no parque coordinando as comunicacións.

Trátase dunha rúa situada na parte máis antiga da cidade, a poucos metros do peirao de Curuxeiras, nun barrio repleto de vivenda vellas, baleiras e semiruinosas.

A vivenda, indicaron os efectivos, estaba baleira e había bastante "carga de lume", indicaron os bombeiros, que permanecen despregados na zona. 

Comentarios