Un incendio en Chandrexa xa queimou corenta hectáreas

O lume comezou oito minutos logo das catro da tarde deste venres
Incendio en Chandrexa. TWITTER (incendiosgalic1)
photo_camera Incendio en Chandrexa. TWITTER (incendiosgalic1)

O incendio forestal orixinado no municipio de Chandrexa de Queixa (Ourense), concretamente no lugar de Requeixo, queimou xa máis de corenta hectáreas, segundo as últimas estimacións facilitadas pola Consellería de Medio Rural.

O lume comezou oito minutos logo das catro da tarde deste venres e quedou controlado ás oito menos vinte.

No lugar traballan, informou a Xunta nun comunicado, dous axentes, 17 brigadas, dúas motobombas, dúas pas, 11 helicópteros e catro avións.