O incendio de Carballeda segue sen apagarse, mentres que o de Rubiá extinguiuse

O primeiro queimou unha superficie de 200 hectáreas 
Incendio en el lugar de Sobradelo, en Carballeda de Valdeorras (Ourense). EFE
photo_camera Incendio que afecta o lugar de Sobradelo, en Carballeda de Valdeorras (Ourense). EFE

O incendio forestal de Sobradelo, en Carballeda de Valdeorras (Ourense), que queimou unha superficie de 200 hectáreas, segue sen apagarse, mentres que si foi extinguido o de Rubiá, dunha entidade moitísimo menor, cunha superficie afectada de 0,09.

Segundo recorda a Consellería de Medio Rural no seu último balance, o primeiro dos lumes na provincia orixinouse o sábado, ás 16:35, e quedou controlado ás 22:37 do domingo. Para a súa extinción participaron ata a data un técnico, 25 axentes, 45 brigadas, 21 motobombas, dúas pas, oito avións e nove helicópteros.

En Rubiá as chamas desencadeáronse ás 20:54 da pasada tarde e ás 22:58 xa non había nada. O terreo arrasado está dentro do parque natural da Serra da Enciña da Lastra. Participaron neste caso tres axentes, seis brigadas, cinco motobombas, dous avións e tres helicópteros

Comentarios