Inaugurada a autovía Santiago-Brión

(Foto: AGN)
photo_camera (Foto: AGN)

A autovía que une Santiago a Brión (AG-56), tramo de 12'5 quilómetros libres de peaxe foi inaugurado polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.  
 
A posta en marcha da autovía supón un aforro do 70 por cento do tempo de traxecto que pode durar menos de 8 minutos. Estímase que o viario dará servizo a 25.000 vehículos e máis de 133.000 persoas da área urbana de Santiago.

Con estes 12'6 kilómentros inaugurados, puxéronse en marcha 40 quilómetros de autovía libres de peaxe, que deberían sumarse aos outros 40 previstos para este ano.

Pérez Touriño lembrou que a articulación do territorio é un dos elementos chave do seu Goberno, polo que esta infraestrutura que achegará Santiago á costa e viceversa, é unha boa proba diso.

Nesta liña o titular da Xunta invitou aos asistentes a pensar nun horizonte de catro a cinco anos, nos que destacou que 300 quilómetros en vías de alta capacidade percorrerán a fachada atlántica e entrarán en servizo, ademais, as vías de alta capacidade interiores, que servirán de alternativa “” á AP-9.

Todas estas actuacións están recollidas no Plan de Infraestruturas de Galicia (Pitgal) que Pérez Touriño asegurou que será presentado logo das eleccións xerais para que non se faga unha lectura interesada que non é "conveniente nin procedente".

Comentarios