Imputan un home por causar un lume en Amoeiro por unha imprudencia

A Policía autonómica imputou un home como suposto autor dun incendio forestal por imprudencia nunha queima forestal, co que no que vai de ano son xa 27 as persoas sinaladas por lumes forestais.

A Xunta informou de que o lume tivo lugar no concello ourensán de Amoeiro o pasado 17 de abril e queimou 1.500 metros cadrados de monte raso.

O incendio foi supostamente causado por un escape durante unha queima, ao non adoptar o imputado as medidas de prevención establecidas na lei.

Para a súa extinción foi precisa a presenza de persoal de extinción de incendios da Xunta.

Comentarios