Imputado un home como suposto autor dun incendio en Celanova

O lume afectou a 6.000 metros cadrados de monte

Axentes da Policía Autonómica da xefatura provincial de Ourense informaron da imputación dun home, veciño da localidade ourensá da Bola como presunto autor dun incendio forestal en Celanova, que afectou a 6.000 metros cadrados de monte. Segundo informou a Xunta, o lume sucedeu o pasado 20 de agosto, no lugar de Sixín, parroquia de Mourillós, e afectou a seis mil metros cadrados de monte.

O imputado estaba a realizar traballos de roza cun motocultor, cando se iniciou o lume, incumprindo así as normas de seguridade.

As dilixencias por estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Celanova, en funcións de garda. No que vai de ano a Policía Autonómica imputou a 55 persoas con delitos relacionados cos incendios forestais.

Comentarios