Imputado o suposto autor do incendio de Caldas de Reis

A Policía autonómica imputou a catro persoas por causar supostamente incendios forestais en queimas neglixentes nos municipios de Cabana de Bergantiños, en A Coruña e Caldas de Reis, Pontevedra.

A xefatura da Coruña imputou a tres veciños de Cabanas como presuntos autores dun lume forestal o pasado día 17, cando realizaban unha queima non autorizada, xa que aquel día estaban prohibidas en toda Galicia.

O lume tivo lugar no lugar de Cesullas deste concello coruñés e afectou a unha superficie de mil metros cadrados de superficie arboredo.

Por outra banda, axentes de Pontevedra imputaron a un veciño de Caldas por ser suposto autor dun incendio forestal imprudente, ao que se escapou unha queima forestal no lugar de Calcote, parroquia de Godos, que afectou a 900 metros de superficie arboredo.

No que vai de ano a Policía autonómica leva imputados ou detido a 48 persoas como presuntos autores de lumes nos montes galegos.

Comentarios