PERFIL: A icona urbanita do agro que cambiou a rúa máis cara de Galicia por Teixeiro

Juan Pérez Miramontes foi detido esta semana nunha operación contra a trata de mulleres

Juan Pérez Miramontes. EP
photo_camera Juan Pérez Miramontes. EP

Houbo un tempo, cando o campo galego era regado por cuantiosas subvencións da Xunta de Fraga e despois do bipartito, no que toda axuda pasaba polas oficinas de Xóvenes Agricultores, unha gran maquinaria cunha vintena de delegacións que se encargaba de canalizalas a todos os recunchos galegos. Juan Pérez Miramontes era o encargado de engraxala, alternando este traballo con paseos en iate por augas de Sanxenxo con Rajoy e outros populares.

Despois chegou a crise e con ela a falta de pagamentos no sindicato, tras o que abandonou o barco —antes do seu afundimento en 2016 por quebra— para retirarse da esfera pública. Aos seus 64 anos, era ata este martes un veciño máis de Santiago cunha vida, iso si, na que non deixara atrás o luxo do pasado.

ENCARCERAMENTO. Unha mostra é o piso onde residía, na rúa co metro cadrado máis caro de Galicia: Xeneral Pardiñas. De alí foi sacado con grilletes ante a mirada estupefacta dos seus antigos veciños. Agora convive cos seus compañeiros de módulo en Teixeiro.

Comentarios