Investigan a morte dun exedil do PP en Agolada que apareceu sen vida nunha cuneta

Vilariño Coego circulaba en bicicleta e crese que puido ser atropelado por un camión
El helicóptero del 061, en el lugar del accidente en Agolada. @HelicoSantiago
photo_camera O helicóptero do 061, no lugar do accidente en Agolada. \HelicoSantiago

A Garda Civil investiga a morte cando circulaba en bicicleta do exconcelleiro do PP en Agolada Alberto Vilariño Coego. O 112 informou a través de redes sociais do falecemento do ciclista ao sufrir un accidente e as primeiras informacións apuntaban ao posible atropelo dun camión, pero trabállase para aclarar as circunstancias. 

En concreto, o exedil foi localizado sen vida nunha cuneta tras saír coa súa bicicleta, coa que circulaba pola N-640, en Agolada, en dirección Monterroso.

O 112 informou de que, a pesar de que se mobilizou un helicóptero medicalizado, nada se puido facer por salvarlle a vida. 

Tras ser alertados polo 112, ademais dos profesionais de Urxencias Médicas, acudiron ao lugar axentes da Garda Civil de Tráfico co fin de conoceer as circunstancias nas que se produciu o suceso. Tamén interviñeron os efectivos de Protección Civil da localidade.