Os hostaleiros galegos urxen ás administracións máis controis contra os botellóns

Cheché Real deixa claro que "o lecer nocturno confórmano empresas legalmente establecidas", non os botellóns que se producen ao aire libre
Jóvenes celebrando un botellón. XESÚS PONTE (AEP)
photo_camera Mozos celebrando un botellón. XESÚS PONTE (AEP)

O presidente da Confederación Empresarial de Hostalería e Turismo de Galicia, Cheché Real, esixiu ás distintas administracións galegas un "maior control" sobre os botellóns e asegura que "o comportamento da xente que se está vendo en diferentes imaxes" é "bochornoso e absolutamente insolidario". 

Cheché Real, ante a ameaza de peche do lecer nocturno que se estaría expondo o Ministerio de Sanidade, afanouse en deixar claro que "o lecer nocturno o conforman empresas legalmente establecidas". Cousa distinta, considera, son "os botellóns" que se producen en rúas, "prazas e en parques". "E iso non é lecer nocturno", sinala para pedir que "non se carguen máis as tintas" sobre un sector, como é a hostalería, tan "decimado" pola pandemia. 

"Todas esas reunións sen máscara, sen cumprir ningún tipo de protocolos non se producen en locais legalmente establecidos que escrupulosamente levan a cabo todos os protocolos e manuais anti Covid", subliñou o empresario lucense. É por iso que demanda máis control sobre os botellóns. "Témolo que deixar claro para que as autoridades tanto sanitarias como políticas o entendan e non carguen contra estas empresas (do lecer nocturno), nin contra eses empresarios, nin contra os seus traballadores", subliñou. 

Comentarios