Os hostaleiros advirten: "Se non nos deixan traballar, isto vai ser tremendo"

O sector pide manter condicións e entendería que se cambiasen só se sobe a presión hospitalaria
La barra de un bar. SEBAS SENANDE
photo_camera La barra de un bar. SEBAS SENANDE

O presidente da Federación Galega de Hostalería, Cheché Real, advertiu que no sector quere seguir traballando "ao 100 por cen" agora e de face ao nadal, pese ao repunte de casos de covid dos últimos días.

Real constatou que "seguen pedindo o mesmo". "Que nos deixen como estamos co pasaporte covid e seguir ao 100 por cen dos aforamentos, coas barras, aínda que con máscara e mantendo as distancias de seguridade", afirmou.

O tamén presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo expuxo que o sector pensa que "a situación hai que vela agora mesmo en canto a incidencia hospitalaria, de ocupación de camas e nas Uci". Deste xeito, afirmou que as restricións só deberían darse, e non as vería "con malos ollos", se estes datos empeorasen.

"Non estimamos que sexa motivo para volver ás restricións", apuntou, en referencia a que se teña en conta unicamente o número de contagios, xa que insistiu en que "hai que aprender a convivir con estes contagios, porque isto viño para quedar". "Os contagios non van ser da forma impetuosa que foron ao principio e cando non había vacúas", considerou.

Real insistiu en que agardan "poder traballar como estamos". "Somos o único sector sinalado pola pandemia en forma de restricións e limitacións", xulgou, antes de indicar que en case "dous anos (de pandemia), non estiveron traballando ao 100 por cen, nin en horarios, nin en aforamentos".

"Se non nos deixan traballar, isto vai ser tremendo", advertiu, finalmente, o presidente da Federación Galega de Hostalería.

Comentarios