Hospitalizados once tripulantes dun barco contaxiados de covid-19

Os mariñeiros ingresados teñen entre 25 e 40 anos
Hospital Povisa de Vigo. EP
photo_camera Hospital Povisa de Vigo. EP

Un brote de covid-19 detectado entre a tripulación dun barco saldouse de momento con once persoas hospitalizadas no hospital Povisa de Vigo, todos eles homes de orixe latinoamericana con idades comprendidas entre os 25 e os 40 anos. 

Segundo puido saber Efe, os positivos foron detectados cando a tripulación gardaba corentena nun hotel tras desembarcar no Porto de Vigo, no que se aloxan membros doutras embarcacións da mesma consignataria, que se dedica fundamentalmente á pesca. 

As consignatarias, por protocolo, confinan ás tripulacións dos seus barcos quince días antes de embarcar e outros quince tras desembarcar. 

Fontes do hospital Povisa confirman que o último en ingresar é un home de 27 anos e que este brote en concreto está "identificado, controlado e xa confinado integramente". 

Comentarios