Un mozo de Barreiros de 25 anos foi hospitalizado esta noite de Reyes por mor das feridas resultantes dunha pelexa que protagonizou, ao parecer, xunto a outro raparigo na vía pública de Ribadeo.
Concretamente, diversas fontes apuntan a que esta liorta se produciu na rúa San Roque da localidade mariñá no transcurso dunha noite de festa.