sábado. 08.05.2021 |
El tiempo
sábado. 08.05.2021
El tiempo

Unha hora máis en Galicia

El rejol del Concello de Lugo marca la 23.00 horas. ADRA PALLÓN
O reloxo do Concello de Lugo marca as 23.00 horas. ADRA PALLÓN
Entra en vigor este venres o novo horario do toque de queda e de peche dos restaurantes: as 23.00 horas

Este venres entra en vigor un novo paso na desescalada que afectará, esencialmente, ao toque de queda, á hostalería e ás residencias da terceira idade. Uns cambios que traen consigo dúbidas e preguntas como as seguintes.

1. ¿A que hora queda fixado o toque de queda?

O toque de queda atrásase das 22.00 ás 23.00 horas, o máximo que permite o marco estatal.

2. Os restaurantes pechan ás 23.00. ¿Cear alí xustifica chegar máis tarde ao domicilio?

Non. ás 23.00 horas, todo o mundo en casa. é dicir, que hai que calcular a que hora saír do restaurante para chegar puntual.

3. ¿Que locais de hostalería poden aumentar o seu horario?

Todos aqueles que teñan título municipal habilitante de restaurante. E esta ampliación, segundo o Diario Oficial de Galicia, dedicarase "exclusivamente" para servir ceas. Ademais, deberá reservarse con cita previa e o responsable do negocio ten que levar un rexistro de clientes e custodialo "durante polo menos un mes", así como garantir a salubridade do aire cun medidor de CO2.

4. ¿Poderiamos alargar as canas no bar ata as 23.00?

Non, ao non ser restaurantes, os bares, cafeterías, pubs e demais seguirán pechando ás 21.00.

5. ¿Que información vai pedir o rexistro de clientes?

Nome e apelidos; DNI e teléfono. Esta información estará dispoñible para as autoridades sanitarias "cumprindo coas normas de protección de datos".

6. ¿Como debe ser e onde debe estar o medidor de CO2?

Os medidores deben levar o marcado CE, axustarse ás indicacións técnicas e ter en conta o tamaño e forma do local, as súas entradas de aire e o fluxo da ventilación. Colocarase nunha zona visible e nunca preto das fiestras, portas ou outros puntos de ventilación para que os seus datos sexan fiables. Tanto nos casos de ventilación natural como nos de mecánica ou mixta, non se deberá pasar no interior as 800 partes por millón (ppm) de CO2. A razón é que, se non se ventila un espazo pechado, a concentración do gas vai aumentando pola respiración. E, ao ventilar, dilúense tanto os aerosois como o CO2.

7. Non vin o medidor no local. ¿É unha infracción?

A Xunta deu varios días para a súa adquisición. Sen prexuízo do deber de garantir a ventilación, estes dispositivos serán obrigatorios ás 00.00 do 23 de abril.

8. ¿Cantos podemos xuntarnos para cear?

As condicións para as reunións sociais non varían. Seguirán tendo como límite as catro persoas en encontros en interior e de seis no exterior. Así, nas casas, unha unidade familiar de catro individuos non poderá recibir visitas dentro. E, nos bares e restaurantes, os nenos seguen téndose en conta nos cómputos.

9. ¿Os restaurantes abrirán ata as 23.00 en toda Galicia?

Non, porque priman as restricións de cada concello. Por exemplo, en O Grove, en nivel máximo, non poden dar servizo presencial. E en Barreiros, en nivel alto, só poden usar a terraza ao 50%.

10. Se un local ten varias salas, ¿como calcula o aforamento?

Se un local dispón de varias salas, a superficie das que permanezan sen uso non computará no cálculo do aforamento interior. Con todo, as mesas deberán distribuírse no local de xeito homoxéneo evitando aglomeracións. 

11. ¿Amplíase o horario en comercios, ximnasios e cines?

Os pequenos comercios, as instalacións deportivas e a actividade cultural tamén están autorizados a abrir ata as 23.00 horas.

12. ¿Como podo visitar ao meu avó na residencia?

Calquera pode visitar a un usuario dunha residencia de maiores, xa que se elimina o límite de dúas persoas. Iso si, deberá concertar cita e acudir só.

13. ¿E canto tempo pode saír el do centro de maiores?

Durante catro horas, con ata tres quendas por semana.

14. ¿Podo facer unha excursión fóra de Galicia?

Non, as fronteiras continuarán pechadas tanto para irse de viaxe como para recibir turistas. Quen estuden fóra poderán seguir recorrendo ao "regreso ao domicilio habitual" para entrar en Galicia.

15. ¿Cando se estudarán novas medidas?

Nunca antes do comité do día 27, cando xa se poderá ver o efecto destas nos datos. Ata entón, as reunións de martes e venres seguirán determinando cambios de nivel nalgúns concellos.

¿Que concellos cambian hoxe de nivel de medidas?
En Lugo, este venres Brollón, Trabada e Meira se uniron ao nivel medio e a súa hostalería queda ao 30% do aforamento dentro e ao 50% nas terrazas. Barreiros segue no nivel alto, só con terrazas.

NIVEL MÁXIMO. Carballeda de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal e O Grove.

NIVEL ALTO. Barreiros, Monterrei, Cortegada, Padrenda, O Barco de Valdeorras, Rubiá, Carral, Boimorto, Boiro e A Illa.

NIVEL MEDIO. Brollón, Meira, Trabada, O Irixo, Muxía, Cambre, Ortigueira, Ribeira, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Vilanova, As Neves, Gondomar, Vilaboa, Marín e Meaño

Unha hora máis en Galicia
comentarios