Un home de 86 anos, cuarta vítima con covid esta semana en Galicia

O falecido atopábase ingresado no Chuac
Un paciente con covid ingresado en un hospital. EUROPA PRESS
photo_camera Un paciente con covid ingresado en un hospital. EUROPA PRESS

A Consellería de Sanidade comunicou este venres unha nova vítima con coronavirus en Galicia. Desde o comezo da pandemia, os falecidos na comunidade galega elévanse a 2.666. En concreto, trátase dun home de 86 anos que faleceu no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). Contaba con patoloxías previas. 

Esta é a cuarta vítima en Galicia comunicada esta semana polo Goberno autonómico. Os outros tres óbitos foron: unha muller de 72 anos —falecida en Povisa—; un home de 84 anos —tamén en Povisa— e unha muller de 79 anos —veciña en Fene da muller de 58 anos que morreu no seu domicilio o 12 de novembro sen vacinar— 

BALANCE. Os casos activos de covid-19 na provincia de Lugo superan os 400, unha barreira que non superaban desde o 19 de setembro, fai máis de dous meses. A incidencia do virus, no que xa se considera a sexta onda da pandemia en España, segue en escalada.

No balance do Sergas deste venres, con datos ata as 18.00 horas, constan 406 casos activos, 37 máis que un día antes, e en 24 horas confirmáronse mediante probas de detección 56 novos contaxios. As xornadas precedentes foran 47 e 38. LER MÁSLugo supera a barreira dos 400 casos activos e Galicia rexistra 500 contagios nun día

Comentarios