Oito minutos de horror e un heroe pontevedrés

Sergio Fariña, que dirixe un restaurante no mercado de Borough, evitou que un dos terroristas accedese ao local bloqueando a porta tras dar resgardo no seu interior a varios cidadáns ►Mantívose firme no seu forcexo co atacante no acceso ao local

Fariña mantívose firme, forcexou con el a través da porta e conseguiu que o terrorista desistise no seu intento de acceder ao local

O pontevedrés Sergio Fariña protagonizou unha heroica actuación durante o ataque terrorista deste sábado en Londres . Tal e como poden ver neste vídeo, Fariña, que dirixe un restaurante situado no Borough Market, deu refuxio no local a varios cidadáns cando os terroristas irromperon no mercado -tras atropelar a decenas de persoas na ponte de Londres- coa intención de causar o maior número de baixas posibles por apuñalamento. 

Con todo, o máis destacable do seu valente proceder foi, sen dúbida, o momento no que un dos atacantes intentou acceder ao local. Fariña mantívose firme, forcexou con el a través da porta e conseguiu que desistise no seu intento. Pouco despois, o terrorista xacía abatido a uns metros do restaurante.

►Todos os detalles, este luns, nas edicións impresas de Diario de Pontevedra e El Progreso

Comentarios