jueves. 09.12.2021 |
El tiempo
jueves. 09.12.2021
El tiempo

Hernández asegura que polo momento non é necesario adoptar máis medidas fronte á seca

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asegurou na mañá deste mércores en Santiago que polo momento non é necesario adoptar máis medidas das que xa se están levando a cabo para facer fronte á seca que está a afectar a Galicia.

Así, Hernández reiterou que a situación é "preocupante pero non alarmante" e que o Goberno galego está "apoiando" aos concellos e aplicando o protocolo de actuación deseñado para estes casos.

Con todo, o responsable autonómico recoñeceu que se están dando problemas "puntuais" nalgunhas zonas, como algúns municipios próximos a Santiago, como Ames e sobre todo Brión, nos momentos en que se producen picos no consumo.

Neste sentido, recordou que as localidades da comarca compostelá non contan con ningún encoro de reserva, polo que son máis "susceptibles" ás variacións do caudal dos ríos.

Hernández asegura que polo momento non é necesario adoptar máis...
comentarios