Un traballador sufriu esta mañá un accidente na localidade ourensá da Mezquita tras queimar a cara pola deflagración dunha bombona de osíxeno que estaba a manipular.
Urxencias 112 informou do suceso, ocorrido nunha canteira próxima ás obras da AVE en Vilavella.
Urxencias de Castela e León avisou ao 112 do accidente pasadas as once desta mañá polo que, de inmediato, se comunicou a información Urxencias Médicas, Garda Civil de Ourense, GES da Gudiña e Protección Civil da Mezquita.
Ferido na cara pola deflagración dunha bombona de osíxeno na Mezquita
Galiciaé / EFE
11 enero 2015 18:08 h.