Ata 97 identificados e 237 quilos de marisco comisados en varias operacións nas últimas horas

Varios operativos contra o furtivismo realizados nas últimas horas en Galicia finalizaron con 97 persoas identificadas, 237 quilos de marisco comisados e 114 aparellos incautados por axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, en colaboración coa Policía Autonómica.

As operacións realizáronse nas rías de Ferrol, A Pasaxe e Arousa Norte por 37 axentes da Policía e seis de Gardacostas, informou a Xunta nun comunicado.

A zona de Couto na ría de Ferrol foi a de maior incidencia, con 72 persoas identificadas e cen quilos de ameixa comisados, así como 94 aparellos incautados, 19 vehículos inspeccionados e o levantamento de 48 actas de presunta infracción.

Na ría da Pasaxe, os axentes identificaron tres persoas, comisaron 77 quilos de ameixa vermella, branca e berberecho, e incautaron 15 aparellos, co levantamento de tres actas de presunta infracción.

Finalmente, na ría de Arousa Norte identificouse a 22 persoas, comisado 60 quilos de ameixa babosa e japónica e incautáronse de cinco aparellos nas zonas de Cabo de Cruz, Mañóns, Landeira, A Torre e Praia Xardín, co levantamento de 21 actas de presunta infracción.

Comentarios