Achado morto esta mañá un home na piscina das Burgas

Un home foi achado esta mañá morto no interior da piscina do recinto termal das Burgas, situado no centro histórico de Ourense.

O home, duns 44 anos, foi atopado polo encargado do recinto sobre as 7,20 de horas. Segundo fontes policiais, a principal hipótese é unha morte natural, extremo que está baixo investigación.

A piscina permanece pechada ao público e fontes municipais indicaron que permanecerá así os dous próximos días a fin de efectuar os correspondentes traballos de limpeza e mantemento.

Comentarios