Guillerme Vázquez confirma que haberá asemblea nacional do BNG en outubro

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, anunciou hoxe, tras a reunión do consello nacional, a convocatoria do XIII Asemblea Nacional ordinaria desta organización para os días 22 e 23 de outubro.

O máximo órgano do BNG entre asembleas aprobou tamén o regulamento que rexerá esta asemblea nacional que se celebrará baixo a fórmula dun/dunha "delegado/a por cada afiliado/a", indicou en rolda de prensa Guillerme Vázquez. Tamén abordou a celebración do Día da Patria que este ano terá como lema "A favor do pobo: soberanía, democracia e traballo".

O Consello acordou tamén que na súa próxima reunión, prevista para o 17 de Setiembre, se aprobe o procedemento e calendario para a elección do candidato do BNG á presidencia da Xunta. Acordouse tamén a celebración dun debate "preasambleario e deliberativo" durante o mes de xullo nas distintas asembleas comarcais.

O Consello Nacional tivo coñecemento do informe político da executiva no que se analiza a situación que atravesa o país, claramente marcada pola crise e pola falta de alternativas dos Gobernos galego e estatal. O documento aposta por máis democracia, máis autogoberno e por un cambio profundo das políticas económicas.

Para rematar, o Consello Nacional decidiu apoiar a Marcha Galega polo Emprego, convocada pola CIG, que mañá terá o seu punto final en Santiago cunha manifestación que sairá ao mediodía da Alameda.

Comentarios