Novas restricións: máximo de oito persoas por mesa desde o sábado

A medida aplícase nos interiores de restaurantes, bares e locais de lecer nocturno galegos ► En exteriores o máximo fíxase en 15
Mesa de un restaurante. EP
photo_camera Mesa dun restaurante. EP

A Consellería de Sanidade publicou a orde pola que reduce os grupos de persoas no ámbito da hostalería, de maneira que a partir do sábado quedarán en oito persoas como máximo tanto en restaurantes, bares e establecemento de lecer nocturno.

A medida publícase nun contexto de subida acelerada dos casos e o mesmo día en que a Xunta remitiu a petición de autorización para incorporar o requisito do certificado covid na hostalería de día –restaurantes durante toda a xornada de apertura e bares desde as 21:00 horas–.

Actualmente, xa está vixente no lecer nocturno, albergues (para o 100% de ocupación en habitacións compartidas sen que sexa grupo burbulla) e para os acompañantes e visitas dos pacientes hospitalizados.

á espera da resolución do TSXG, que conta con informe favorable da Fiscalía para a súa implantación, a Xunta xa implantou esta redución de grupos, que pasan a ser de oito máximo en interior e de 15 en exteriores.

A medida entra en vigor este sábado, 27 de novembro, e estará vixente, polo menos, ata o 18 de decembro, segundo recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicado este xoves.

Comentarios