Gravan a dous individuos esnaquizando publicidade do PP de Poio en plena noite

O Partido Popular descarta emprender accións legais, aínda que condena os feitos

Destrozan publicidad del PP en Poio
photo_camera Esnaquizan publicidade do PP en Poio. DP

O Partido Popular de Poio difundiu este mércores un vídeo gravado durante a madrugada do pasado martes, no que se ve a dous individuos esnaquizando unha pancarta que os populares colocaran nunha zona da parroquia de Raxó. Un membro da lista do PP, que vive nas inmediacións, foi o que cazou in fraganti aos vándalos, que non dubidaron en cortar a lona promocional.

O candidato popular, Ángel Moldes, explicou que este episodio non é novo. "Fixéronnos o mesmo na campaña previa ás eleccións xerais, polo que estabamos en alerta", precisou.

O PP descarta emprender accións legais, aínda que condena os feitos e confía en que "coa vergoña que deben de estar a pasar" os responsables do acto vandálico sexa suficiente para que este tipo de situacións non se repita.

Comentarios