Gonzalo Caballero anuncia un "acordo" para unha lista de unidade en Vigo de cara ao congreso galego

Caballero e Sestayo, este xoves en Ferrol na ofrenda a Pablo Iglesias. EP
photo_camera Caballero e Sestayo, este xoves en Ferrol na ofrenda a Pablo Iglesias. EP

O secretario xeral do PSdeG e candidato á reelección, Gonzalo Caballero, anunciou "un acordo para unha lista de unidade e integración" na agrupación de Vigo de cara ao congreso autonómico, tras un acordo co alcalde, Abel Caballero. Así o avanzou en Ferrol, nunha ofrenda floral ante o monumento a Pablo Iglesias, onde tamén defendeu o carácter "feminista" do seu proxecto para o PSdeG. 

O dirixente vigués valorou ese acordo na súa cidade e púxoo como exemplo de integración, aínda que desde a candidatura rival lembraron que case a totalidade das agrupacións do PSOE galego tamén pecharán listas de delegados integradas e unitarias, "como xa ocorreu" en tres das catro provincias de cara ao congreso federal do PSOE en Valencia. 

Caballero defendeu, malia todo, ese acordo de Vigo como a "vía de integración e fortalecemento" que vai levar adiante nos vindeiros anos. E gabou a "boa sintonía co alcalde de Vigo", con quen comparte "que hai que combater as políticas de Feijóo e do PP sen complexos nin connivencias cando non fan ben as cousas".

Comentarios