A Garda Civil de Noia detén a un perigoso agresor sexual de 20 anos

Impútanselle ataques a dúas mulleres, un deles "con gran violencia e utilizando un coitelo"

Un coche de la Guardia Civil. ADP
photo_camera Un coche da Garda Civil. ADP

A Garda Civil de Noia detivo este xoves na comarca de Sar a un home de 20 anos ao que se lle imputa unha agresión sexual cometida a principios de 2017 e un abuso sexual a outra muller o pasado verán. Segundo informou o instituto armado, no caso da agresión, o detido abordou á súa vítima "con gran violencia e utilizando un coitelo". A muller necesitou máis de seis meses para recuperarse dos danos físicos. 

Dentro da denominada Operación Mint, a Benemérita abriu unha investigación para esclarecer a autoría dos feitos e atopou nos dous casos as probas biolóxicas necesarias para imputar ambos os delitos á mesma persoa.  O detido xa pasou a disposición xudicial e decretouse o seu ingreso en prisión. 

A Garda Civil considérao "un perigoso agresor sexual". Foi o Equipo de Policía Xudicial pertencente á Compañía da Garda Civil en Noia o que procedeu á súa detención.