A Garda Civil investiga a agresión a un mozo con autismo en Pontedeume

Os presuntos autores supostamente compartiron os feitos nas redes sociais a pasada fin de semana
photo_camera Así fue la agresión a un joven con autismo. TWITTER

Axentes do cuartel da Garda Civil de Pontedeume investigan a agresión a un mozo desta localidade que os presuntos autores supostamente subiron ás redes sociais a pasada fin de semana.

A Benemérita non facilitou máis datos por estar en curso as pescudas, pero si confirmou que non se interpuxo ningunha denuncia sobre os feitos por parte do afectado ou a súa contorna. No entanto, a Garda Civil iniciou unha investigación de oficio co obxectivo de aclarar os feitos. 

Sobre esta agresión pronunciouse este mércores o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, quen confirmou a apertura dunha investigación por parte da Garda Civil sobre un "altercado cun golpe"

"Esperaremos a que se nos dean detalles", manifestou o delegado do Goberno para apelar á prudencia. En calquera caso, Miñones puntualizou que se trata dunha "agresión individual, non en grupo".

Comentarios