Gandeiros falan de "estratexia premeditada" para baixar os prezos

Catrocentos produtores galegos revelan que coas modificacións dos contratos están a empeorarse as condicións dos traballadores
Vacas en una explotación láctea. AEP
photo_camera Vacas nunha exlotación leiteira galega. AEP

A asociación Agromuralla, que agrupa a uns catrocentos gandeiros das provincias de Lugo e A Coruña, denunciou unha suposta "estratexia premeditada" por parte das industrias lácteas que operan en Galicia para aplicar baixadas no prezo do leite en orixe e, en xeral, "empeorar as condicións de recollida nas explotacións". 

O presidente de Agromuralla, Roberto López, asegura que se están producindo baixadas de prezos nos contratos que tocaba renovar a 31 de xuño e incluso modificacións á baixa en contratos asinados meses atrás e que xa están en vigor". 

As empresas sérvense de desculpas e artimañas para empeorar as condicióins de recollida nas explotacións

Ademais, precisou que, "aínda que algunha empresa se compromete expresamente nos seus contratos a pagar por encima dos custos de produción que publique o Ministerio", tamén hai outras que se cobren as costas e transcriben literalmente o artigo da Lei da Cadea de Valor que establece esa obrigación". En todo caso, "o criterio xeneralizado é que as industrias inclúen a cláusula dos custos de produción", pero "responsabilizando ao produtor, no sentido de facerlle asinar un escrito" no que "declara que o prezo pactado cobre os custos de produción, aínda que non exista elemento obxectivo algún que probe tal circunstancia". 

Ao seu xuízo, "as empresas están a valerse de desculpas e artimañas para empeorar as condicións dos produtores". 

"Primeiro foi o coronavirus e agora a adaptación da última modificación da Lei da Cadea Alimentaria, que obriga a que os prezos pagados en orixe cubran os custos de produción. Coa desculpa da necesaria adaptación dos contratos a esa nova cláusula, as empresas están a aproveitar para revisar outras condicións que nada teñen que ver con esa circunstancia", conclúe.

Comentarios